FORO - Portal de Noticias Cedeira ONLINE - Café Bar A MARINA Todos aqueles mensaxes ofensivos, irrespetuosos con persoas ou institucións serán eliminados. A persoa que envíe cada mensaxe será a responsable do seu contido. Email de contacto: cafebaramarina@cafebaramarina.com

Foro Portal de Noticias Cedeira OnLine - Café Bar A MARINA

Post a reply || Back to Foro Portal de Noticias Cedeira OnLine - Café Bar A MARINA


Re: Re: Re: Reforma del Congreso-Diputados

Delete this post Submitted by Ambidestro on 15/May/2012 in reply to Re: Re: Reforma del Congreso-Diputados posted by n on 15/May/2012
193.144.81.12

Message:

Certo que as autoprebendas dos diputados son pouca cousa, pero tamén iso hai que cortar.

Xa escribira isto fai uns días, antes do de Bankia:
Bancos e Caixas de Aforros lanzáronse á especulación inmobiliaria promovendo e finanzando a construcción de edificios e complexos residenciais.

A especulación era tan desmesurada que parecía non ter límites. E, así, foron moito máis aló do que poderían ir cos fondos propios, decidindo pedir máis e máis cartos ás bancas francesa e alemana.

Estoupa a burbulla e... todo se vai ao carallo!

Antes o goberno Zapatero (PSOE)e agora o goberno Mariano (PP) deciden seguir o rumbo que os acreedores (Francia e Alemaña) marcan: salvar a banca espaola para que lles paguen o que lles deben.

O "furado" é impresionante e non hai cartos que cheguen: hai que recortar e recortar no gasto público para prestarlles a bancos e caixas o que non temos.

Entrementes, as cúpulas directivas das ditas entidades financieiras e os membros dos respectivos consellos de administración (onde abundan os políticos, nomeadamente baróns provinciais do PSOE e do PP -pero non só deses-)Entrementes, dicía, fórranse poñéndose a si propios "indemnizacións", "xubilacións", "primas"... escandalosas, que lles estamos pagando os demais.

Obrigado, PP, pola vosa desfeita. Obrigado, PSOE, pola vosa traizón


Replies to this post


Reply to this post

Name:

E-mail (optional):

Subject:


Message:

Insert styled text: Bold | Italic | Underlined
Disable styled text

Powered by Free PHP message board 1.3 from PHPJunkYard - Free PHP scripts