|
Post a reply || Back to Foro Portal de Noticias Cedeira OnLine - Café Bar A MARINA Re: O concello non quere un Viveiro de empresas na trabe.
Message: É algo típico ó que nos ten acostumados este señor. Sempre lle estorbou todo aquilo que pode ser bo para os demais se non favorecía directamente a súa imaxe. Sempre lle estorbou ter cerca xente intelixente que poidese pensar; e así foi como se desprendeu dos que querendo axudar non lle dábamos sempre a razón. Nunca consentiu que as boas ideas dos demais poidesen axudar á xente deste pobo -só podían ser as súas e por iso foron moi poucas. En algún momento tíñamos que dicirlle que algo fora idea súa aínda que non o lembrara para poder sacalo adiante, e así intentou sempre que puido que a cultura non estivese ó alcance de todos. Palabras breves, só palabras breves son as que definen á xente que quere mandar orgullosamente e figurar sen ter feito os méritos necesarios... Así son os dictadores, eses pobres personxes trasnoitados. Replies to this post
|
Powered by Free PHP message board 1.3 from PHPJunkYard - Free PHP scripts