MIRANDO O ANTIGO CON NOVOS OLLOS

Patricia Jane St. John Danko
Una das cousas maís
fascinantes que podemos facer por nos mesmos é descobrir que algo estivo
diante dos nosos ollos toda-la nosa vida e permanecíu inadvertido. A
Sra. St. John Danko presenta esta proposta de traballo sobre a serpe: a
grande, a mala, a causa da caída da humanidade nas tradicións Xudeo-Cristiáns,
obxeto de vituperio e difamación polos artistas dende o Reñacemento,
condeada polos antigos patriarcas hebréos, e probablemente o animal mais
inxuriado da nosa sociedade contemporánea. ¿ E, si é así, por qué entón
a serpe aparece o longo da civilización Occidental como símbolo da Saúde?.
O emblema da profesión médica, o caduceo, duas serpes enroladas nunha
vara, é familiar para nós. ¿ Cuestionámonos algunha vez porqué a serpe
ultraxada é o noso símbolo de Saúde?. A serpe tamén aparece como
insignia dos corpos médicos do Exército Americano. En Europa, utilízase
a serpe para fixa-la presencia dunha farmacia. A primeira bandeira
americana tiña unha serpe. ¿ Porqué?. ¿Qué vestixio da nosa memoria
primeira permítenos acepta-la serpe como símbolo de Saúde ó mesmo tempo
que a ultraxamos como causa da nosa expulsión do Edén ?.

La Copa de San Juan Y
Diana
Acrylic on tin framed in rope and painted tin
14 x 12 inches
© 1996 |
|

La Copa de San Juan y
Diana
Oil Paint, Oil stick, and Graphite On Paper
48 x 38 inches
© 1998 |
Estas preguntas tan
entretidas serán acompañadas por diapositivas da serpe como
representación do mal nas obra de arte dos Antigos Maestros a traverso
do Simbolismo no arte contemporáneo. Tamén se mostrarán diapositivas de
obras de arte antigas que pintan a serpte como sanadora, consoladora, a
más venerada, a que se rendía mais culto, de entre todo-los animáis; así
como iconos babilónicos nos que a serpe asiste á Diosa e ofrecelle o
alimento da inmortalidade a os sus seguidores. Incorporaranse datos
históricos antigos, como o culto da serpe po-las tribus hebreas antes de
que Yavé proclamárase ó Único Deus, e a historia do clan sacerdotal
hebreo antigo, os Levitas, os fillos de Leviatán, o grande sinuoso. A
palabra hebrea para a serpe divina era "Serafín", qué evolucionou ata o
senso que hoxe coñecemos: un dos coros de Anxos. Finalmente,
investigarase a serpe como un símbolo poderoso que existíu no momento da
cautividade babilónica dos hebreos, un símbolo que personificou, para os
escritores do Xénesis, toda-las relixóns rivais. ¿Podería ser que os
escritores do Xénesis, escollendo o seu símbolo para o mal, intentaran
derriba-la serpe do seu pedestal e facela, deliberadamente, culpable de
toda-las penas e tribulacións de seu pobo? ¿ A serpe realmente podería
ser a Gran Víctima propiciatoria, entón e agora ?.

Toxo (Estudio)
Pastel and Graphite on paper
Pastel y Grafito sobre papel
18 X 13 inches
46 X 33 cm
© 2002 |
|

Immaculate Conception
Oil on stretched canvas
55 x 40 inches
© 1998 |
Nunca saberemos por
qué a máis ultraxada das criaturas aparece aínda hoxe nos nosos
emblemas. Nembargantes, algo existe na nosa memoria primordial, para que
a vexamos no caduceo, a o largo das nosas vidas, coa aceptación de esta
criatura como símbolo da profesión médica. A contradicción inherente na
simboloxía dual da serpe é sorprendente para moitos. Aínda que o caduceo
nos resulta familiar, miramo-lo sin pensar en él. Miramos o caduceo pero
non o vemos; non consideramos, nin nos preguntamos, polos sus oríxes. E,
si somos capaces de semexante lapsus con respeto a esta imaxen
omnipresente, ¿ Qué consecuencias ten na nosa vida diaria ? ¿Cánto
aceptamos na nosa vida sin deternos a pensar ? ¿ Cantas contradiccións
son inherentes a nosa sociedade e as nosas vidas persoais que merecen a
nosa reflexión e consideración ? ¿ Canto do noso coñecemento heredado
perdimos sen darnos conta ? ¿ Canto abandoamos da nosa vida porque non
vemos e non ponderamos as cousas cotidiáns que nos afectan pero que, de
algunha maneira deixámos perder ? ¿ Canto coñecemento dos nosos egos
perdímos ? ¿ Cantas novas portas pederíamos abrir hacia nos mesmos a
traverso da análise pausado das cousas que nos son familiares ? ¿ Canto
miramos sin ver na nosa vida ?
Cantiga de Lilith a Adán
Amodiño
Adan, sen presa.
Aquí estou soa, i amándote.
Amote aínda nesta soidade
Na frialdade do teu desprezo.
Teño tanto
que dicirche.
Volve, senta comigo
Desexo que as miñas verbas se pousen
como o orballo enriba dos pétalos
No tenro cáliz dos teus oídos.
Deíxame cantarche todo o que desexo dicirche
Deíxame cantarche da nosa morada ditosa
De brisas frescas e da cálida Terra
Escoítame, suplícoche, teño tanto que dicirche.
Mergullémonos no céfiro que nos garda
Deíxame cantar da beleza das tuas mans
Tomándome toda, docemente
Deíxame sentir a melodía da tua voz
A tua voz ceibe de ansiedade
Deíxame acalmar na dozura dos teus ollos.
Ollos non cegados polo desacougo
Amósame as curvas dos teus músculos
Músculos non tensos pola molestia.
Deíxame
canta-la forza do teu peito
Que tanto anhelo toucar
Deíxame canta-la humedade do teu colo
A aluga que anhelo bicar
Deíxame cantar da tua gorxa
Onde a miña meixela anhelo repousar
Deíxame cantar da suavidade dos teus labios
Labios que os meus anhelan
Deíxame
senti-la firmeza das tuas pernas
A tensión das tuas coxas
A dureza das tuas cadeiras
O vigor dos teus brazos
A frescura do teu pelo
E deíxame alcanzar
A intrepidez da tua mente
A afouteza do teu corazón
O valor da tua ánima
O teu baluarte maxestoso
E só daquela,
O desafío do teu corpo.
Deíxame
explorar o meu Adán poderoso
Pero non me apures.
Permíteme repousar a miña cabeza
Sobre o teu estómago;
Repousando alí,
E senti-lo abeiro do teu ser.
Paladín da miña existencia.
Alentemos
en harmonía
Nesta doce fragancia.
Voémos neste tenro abandono
De caricias e coidados e aprecios
Deíxame se-lo maís precioso pra ti
Deséxame toda, enteira
Non so a anacos.
Tómame indivisa
E fartaremos a nosa fame.
Deíxame senti-lo teu corpo abandonado
No suave fervor da nosa paixón
Non poido apertar un amante
Que non sexa o meu confidente
Que non escoitará os meu segredos,
Rostro ruborizado sobre o meu peito,
En agarimosa e ardente empatía
Por todo-lo meu ser.
©
1998-2003 Patricia Jane St. John Danko
|

San Andrés (Estudio)
Graphite on
paper
Grafito sobre papel
18 X 13 inches
46 X 33 cm
© 2002 |
|

Maxia Galega
Woodcut
© 2002 |
"Lilith" é unha obra
poética dialogada que pretende explorar cuestións significativas na
sociedade contemporánea Occidental, utilizando para elo o devanceiro mito
de Lilith, a primeira esposa de Adán. A través da relación de Lilith coa
serpe, explora a natureza do amor platónico e da amizade; a través das
relacións entre Lilith e Adán primeiro, e entre Adán e Eva despois,
analiza a natureza do amor sensual.
Mediante a entrega
incondicional de Lilith a reparación do dano que poida haber causado,
busca encontrar-lo sentido do perdón. "Lilith" analiza tamén , a través do
carácter da serpe, a evolución dos símbolos antigos na cultura
contemporánea, sostendo que perdemos gran parte da nosa búsqueda do
coñecemento cando despreciamos o noso patrimonio cultural en favor das
percepcións culturais da beleza e o poder.
A relación entre
Adán e Lilith fracasa porque Lilith desexa prologa-la intimidade física
coa intimidade emocional, mentres Adán percibe que esa intimidade física
e-lo requisito previo para a intimidade emocional. A reflexión "intimidad
eemocional" vs. "intimidade física" e-lo asunto de moitoos libros e
ensaios na nosa sociedade, na que renombrados psicólogos e sociólogos
consideran o fracaso da intimidade emocional como a causa subiacente da
ruptura da familia. A relación de Lilith coa serpe fracasa porque a
adversidade, de feito, afecta a os nosos actos mais benintencionados.
Nembargantes, a figura da serpe restablecese e continúa existindo hoxendía,
no uso que facemos da serpe como o símbolo da sanidade no caduceo, o
símbolo internacional da profesión médica, e en Europa como o símbolo que
denota a presencia dunha farmacia.
Estes temas son muy
relevantes na sociedade contemporánea Occidental. En "Lilith," presentanse
nunha escea alegórica que contén elementos familiares uns e pouco
coñecidos outros. E o meu desexo que esta combinación do familiar e o
descoñecido permita o lector observar e meditar de novo sobre o que antes
desbotaron como coñecido e entendido, e desta maneira embarcarse nunha
aventura persoal de introspección e comprensión destes temas tan
familiares na nosa vida cotián.
© Copyright Jane Danko
1998-2003
